A Valedora do Pobo admite a trámite a denuncia efectuada polo BNG sobre as listas de agarda en Poio
Poio, 14 de decembro de 2021. O pasado mes de novembro a portavoz municipal do BNG en Poio, Marga Caldas, remitía un novo escrito á Valedora do Pobo tras a reunión presencial mantida na sede de Compostela con representantes do BNG, reiterando o deterioro da atención sanitaria no concello, derivada da falta de persoal e da política de recortes na atención primaria da Xunta de Galiza.
No primeiro escrito, presentado hai aproximadamente un ano que foi arquivado, a portavoz nacionalista daba voz ás múltiples queixas dos veciños e veciñas de Poio, para as que acceder a atención médica estaba a supoñer toda unha odisea, con listas de agarda interminábeis, con saturación nas consultas, cupos desbordados e escaseza de persoal sanitario.
O novo escrito do BNG describe casos concretos que a veciñanza sofre no día a día como as consecuencias de non cubrir de forma permanente unha praza que atende a 1500 pacientes, provoca que a lista de agarda sexa de 20 días para unha primeira cita. O escrito acompañouse de casos concretos onde queda constatado á vulneración de o dereito á protección da saúde.
Algunha das situacións comúns que se trasladaron e que sufrimos no día a día da veciñanza de Poio, son:
- Agardar máis de 18 días para unha primeira cita médica e no caso de analíticas todo o mes de outubro. Foron os casos descritos con probas no escrito.
- Imposibilidade de poder cocretar citas médicas telefonicas.
En data de entrada de 3 de Decembro a Valedora comunícanos que inicia as actuacións pertinentes ante a Consellería de Sanidade, para que nun prazo de 15 días facilite información sobre a situación de Poio.
“Dende o BNG mostrámonos sastifeitas de que a Valedora decida investigar os recortes na asistencia sanitaria que levan a que hoxe teñamos a máis de 1500 persoas sen un facultativo asignado”.
Nas próximas semanas dende o BNG “temos previsto continúar a campaña de charlas informativas nas diferentes parroquias así como novas accións de protesta xa que actualmente a situación da atención sanitaria está sendo insostibel e provoca crispación entre a veciñanza. Desde o BNG denunciamos que nos ultimos días Poio estivo sen servizo de pediatría, tendo que remitir á veciñanza a Pontevedra.