A universidade e o concello da cidade alemá de Heidelberg coñecen o Modelo Pontevedra

Conferencia de Lores na Universidade de Heidelberg
Conferencia de Lores na Universidade de Heidelberg
A universidade e o concello da cidade alemá de Heidelberg coñecen o Modelo Pontevedra

Pontevedra, 6 de maio de 2025. A estadía do alcalde de Pontevedra na cidade alemá de Heidelberg servíu para dar a coñecer o Modelo Pontevedra e, ao mesmo tempo, para compartir imprisións e análises co rexedor da cidade alemana.

A estadía comezou o pasado luns 5 na faculdade de tradución e interpretación da universidade máis antiga de Alemania, cunha conferencia de Miguel Anxo Fernández Lores, na que o alcalde explicou os profundos cambios e as transformacións logradas no último cuarto de século, a través do relatorio “Decidir o rumbo cara o futuro - Mobilidade. Unha cidade pensada para as persoas”, que pudo ser seguido en directo en oito linguas (alemán, inglés, francés, español, italiano, xaponés, portugués e ruso). A conferencia quedou gravada nas canles oficiais da universidade para a súa consulta.

O rexedor explicou as distintas decisións que se foron tomando en Pontevedra para mellorar a calidade de vida da mesma, tendo como base a idea de que as súas prazas e rúas deben ser para as persoas. Neste sentido está a decisión de restrinxir o tráfico ao imprescindible no centro da cidade, limitar a velocidade máxima permitida ou utilizar o espazo público para todo tipo de actividades.

Encontro co alcalde de Heidelberg
Encontro de Lores co alcalde de Heidelberg

Encontro co alcalde de Heidelberg

Ao día seguinte, Lores mantivo un encontro co seu homólogo Raoul Schmidt-Lamontain no que se abordaron actuacións levadas a cabo nas dúas cidades para mellorar a calidade de vida das persoas.

Pontevedra e Heidelberg son cidades coas súas semellanzas e coas súas diferencias, mais desde o punto de vista institucional comparten unha fonda preocupación por tratar de mellorar a vida das persoas que viven e traballan dentro dos seus lindes. Nese sentido, o concepto de xerar espazos máis seguros para os viandantes é unha constante, ao igual que idear proxectos que permitan a recuperación do espazo público para as persoas. 

Lores e Schmidt-Lamontain achegaron cadanseus datos sobre as súas cidades, poñendo sobre a mesa os distintos elementos que fan de cada unha un lugar único. Heidelberg é un núcleo onde a bicicleta —milleiros de persoas veñen desde outras vilas próximas neste transporte— érguese como un elemento totalmente cotiá, coas vantaxes e problemas que iso supón, e está na procura de suprimir algunhas vías principais de vehículos a motor para xerar un circuíto ciclista menos cargado e seguro, ao tempo que busca a reconexión da cidadanía co río Neckar —unha das súas beiras está percorrida por un viario de varios carrís—. 

Lores, pola súa banda, sinalou a importancia das decisións políticas municipais á hora de poñer en marcha proxectos que permitan cidades máis amábeis para as persoas, idea no que coincide o rexedor alemá, que tamén explicou as barreiras administrativas que o Estado pode poñer en certos asuntos, polo que non sempre é doado levar os proxectos a bo porto. 

Ambos os dous rexedores coincidiron tamén no medo ao cambio, que existe, mais non dubidan nos beneficios que trae consigo a redución do tráfico rodado xunto coa eliminación ou limitacións deste en vías comerciais. Ideas e logros como o estacionamento de servizo, a zona de baixas emisións estendida a toda a cidade ou as cero mortes por violencia viaria na contorna urbana desde 2011 reclamaron o interese de Schmidt-Lamontain. 

A universidade e o concello da cidade alemá de Heidelberg coñecen o Modelo Pontevedra