SÁBADO 5 DE ABRIL

A tradición, a música e o lecer colectivo van da man nunha nova edición da Aña Urbana de Pontevedra

Presentción da Aña Urbana
Presentción da Aña Urbana
A tradición, a música e o lecer colectivo van da man nunha nova edición da Aña Urbana de Pontevedra

Pontevedra, 31 de marzo de 2025. Pontevedra seguirá, un ano máis, fiel á súa cita coa tradición e a festa popular. A asociación cultural Trépia, en colaboración co Concello de Pontevedra, vén de presentar a programación da Aña Urbana deste 2025, que se celebrará o vindeiro sábado 5 de abril, tendo como epicentro festivo a praza do Concello.

O edil de Cultura, Demetrio Gómez, sinalou que esta fin de semana en Pontevedra "volveremos ter unha festa alegre, através da música tradicional". "Estamos encantados e encantadas de que poidamos contar con esta actividade, de ver Pontevedra como un referente dentro da música e do baile galego e, ademais, ver todo isto nunha contorna urbana, que achega cor e orixinalidade a esta festa".

O programa desta edición da Aña Urbana é o seguinte:

11.30h - Apertura da carpa na praza do Concello, con postos de xantares, artesáns e actividades varias

12.30h - Roteiro dos grupos participantes polas rúas e prazas do centro histórico

14.00h - Xantar

16.00h - Cantos de Taberna

17.00h - Actividade infantil con Polo Correo do Vento

18.00h - Actuacións dos grupos da escola Trépia

21.00h - Concerto de Lagharteiras

22.30h - Serán

01.00h - Peche

A tradición, a música e o lecer colectivo van da man nunha nova edición da Aña Urbana de Pontevedra