Aberto o programa de actividades do programa Apego en primavera
Deste xeito, o programa consta de distintas actividades en diferentes espazos da cidade, con opcións de 0 a 6 anos. Hai obradoiros para aprender dar arrolos, xogos, contos, ou para experimentar coa cianotipia. Pecharase o 10 de xuño coa festa das Brincadeiras Miudiñas de Cé Orquestra Pantasma.

Ademais, tamén se inclúe un ciclo de actividades fóra da cidade, en distintas parroquias, para familias con crianzas a partir de 3 anos: Un pobo con historia de seu. Estas sesións estarán guiado por Ab Origine Antropoloxía e por Polo Correo do Vento, coa música de Marcelo Dobode. Cada sesión constará dunha pequena explicación de carácter antropolóxico sobre o tema da sesión, un conto, unha sesión guiada de debuxo e un pequeno obradoiro para realizar en familia.
Todas as actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente a través da web do concello de Pontevedra, pois o número de prazas ofrecidas é limitado.