LUNS 17 ÁS 19.30 H. TEATRO PRINCIPAL
O terceiro faladoiro feminista de Pontevedra abordará a explotación sexual e a trata nunha conversa entre Mabel Lozano e Susana Pedreira
Pontevedra, 14 de novembro de 2025. A realidade da explotación sexual e a trata de persoas (mulleres e nenas), exposta e analizada directora de cine social Mabel Lozano, centrará o terceiro Faladoiro Feminista, o foro de debate organizado ao abeiro da campaña municipal do 25-N (Día Internacional contra as violencias machistas) que promove a Concellería de Igualdade.
A cita é o vindeiro luns 17 de novembro, ás 19.30 horas, no Teatro Principal e incluirá, ademais dun relatorio-debate, a proxección da curta documental Ava (Goya 2024), dirixido pola propia Mabel Lozano, fundadora de produtora Mafalda Entertainment, adicada a proxectos comprometidos coas mulleres e os dereitos humanos.
Ava é a historia dunha adolescente que un día, camiño do instituto, é captada por unha rede de explotación sexual, é unha historia de dignidade e resistencia que ispe un sistema que trata ás mulleres como mercadoría de usar e tirar.
A relatora porá enriba da mesa, a modo de conversa coa xornalista Susana Pedreira, cuestións como os novos camiños da explotación sexual -como o fenómeno OnlyFans-, as redes de captación de mulleres e nenas, a pornografía como guía de las relaciones afectivo-sexuais, etc.
Violencia machista nos medios de comunicación galegos
O ciclo de Faladoiros Feministas da Concellería de Igualdade rematará coa xornalista Claudia Morán que reflexionará sobre violencias machistas nos medios de comunicación galegos. Será o xoves, 20 de novembro, ás 19.30 horas no vestíbulo da Casa da Luz.