Soutomaior ultima todos os detalles para que os maiores de 65 anos empadroados no concello gocen de Ourense e O Carballiño
Soutomaior, 9 de abril, Soutomaior de 2025. O alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, presentaron a excursión para maiores de 65 anos que se desenvolverá o día 11 de maio e cuxo destino, neste 2025, será Ourense e o parque Municipal do Carballiño.
Unha iniciativa que chega dentro do programa RONSEL co fin de desfrutar do avellentamento activo e do tempo de lecer a través dos espazos naturais, da cultura, da historia e da natureza.
Todas e todos os interesados deberán inscribirse en liña ata o 30 de abril, ,o único requisito de ser maior de 65 anos e estar empadroado no concello de Soutomaior.
A excursión que inclúe: ás 09:15h. Saída dos autobuses desde Soutomaior (os autobuses farán paradas en: Casa do Concello, Sobral, Aranza, Alxán, Val, Comboa, Moreira, Romariz, Lourido, Cruce de Pierres (Arcade), ás 11:00h. está prevista a chegada a Ourense con visita guiada pola cidade de Ourense percorrendo prazas e rúas medievais, a Praza Maior, igrexas, edificios de interese e lugares emblemáticos como as Burgas e o Ensanche decimonónico de Ourense. Posteriormente ás 13:00h. terá lugar a saída cara Carballiño con chegada, ás 13:40h. ao Parque Municipal de O Carballiño Tempo libre para visitar esta zona de recreo de 32 hectáreas situada entre a zona residencial e río Arenteiro. Con sendeiros, pontes, o Gran Balneario. o parque Etnográfico do Arenteiro, os muíños restaurados, etc. Ás 14:15h. terá lugar o xantar, onde haberá unha carpa equipada para o xantar de todo o grupo na zona urbana do parque. Un xantar que inclúe: Entrantes. Prato principal (carné ou peixe). Sobremesas. Café e chupitos. E xa pola tarde ás 16:30h. terá lugar a verbena amenizada polo Trío Tic Tac. Tralo baile e o desfrute está prevista a chegada a Arcade – Soutomaior en torno ás 20:00h.
Todas aquelas persoas que precisen axuda coas inscricións en liña, pode facela nas Oficinas Xerais do Concello (Soutomaior en horario de 9:00 a 14:00h) ou nos Servizos Sociais (Multiúsos, Arcade en horario de 9:00 a 14:00h).
Dende o concello sinalan que é moi importante lembrar que as persoas que precisen ir con acompañante deberán entregar un xustificante xunto coa inscrición acreditando esta necesidade, esta persoa tamén deberá inscribirse para que quede reservada a súa praza.