Soutomaior presenta en sociedade Conscientes, o seu novo modelo de xestión de residuos

Ismael Bouza, Sara Teijeira, Manu Lourenzo, Gustavo Villasuso e Pablo Garrido
Ismael Bouza, Sara Teijeira, Manu Lourenzo, Gustavo Villasuso e Pablo Garrido
Soutomaior presenta en sociedade Conscientes, o seu novo modelo de xestión de residuos

Soutomaior, 12 de novembro de 2025. Este venres, 14 de novembro, ás 20:00h. o Multiúsos de Arcade vestirase de verde para presentar Conscientes, medra en verde, o novo modelo de xestión de residuos que chega a Soutomaior con importantes melloras no servizo para a veciñanza. 

Un acto, con entrada de balde ata completar o aforo, no que participará o alcalde Manu Lourenzo, a técnica de Medio Ambiente en Soutomaior, Sara Teijeira, o xerente de Urbaser, Gustavo Villasuso, e o CEO da empresa de comunicación Sihaho, Manuel Pan. 

2025-11-12 16.02.42-Acto de presentación do novo modelo de xestión de residuos de Soutomaior

Neste acto darán a coñecer o novo modelo de xestión moderna e ambiciosa que chega a Soutomaior. Un acto no que se deixará patente os tres piares do Goberno Local: o saneamento da ría, o modelo urbano e a xestión do lixo. 

O proxecto Conscientes, medra en verde, suporá un antes e un despois no tratamento do lixo no concello. Soutomaior adquire con esta iniciativa un compromiso coa reciclaxe e co medio ambiente que se deixará sentir no día a día da veciñanza. 

Nesta xornada, dende o Goberno Local lembraron que o proxecto Conscientes ten dous grandes obxectivos: a xestión ecolóxica do lixo e a mellora na prestación do servizo.  

Dende o Goberno Local convidan a todo o mundo a que veñan ao Multiúsos este venres, 14 de novembro, para coñecer máis e mellor o novo modelo de xestión de residuos do concello, Conscientes, medra en verde. 

 

Soutomaior presenta en sociedade Conscientes, o seu novo modelo de xestión de residuos