SUPUSO UN INVESTIMENTO DE 750.000 EUROS

Recta final das obras de humanización do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade

Recta final das obras de humanización do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade

Soutomaior, 12 de novembro de 2025. As obras de humanización do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade entran xa na súa recta final. Dende o Goberno Local informaron que, co fin de finalizar estes traballos a rúa Rosalía de Castro, en Arcade, permanecerá pechada ao tráfico a vindeira semana, dende o 17 ata o 23 de novembro. De tal xeito que, soamente poderán acceder a rúa servizos, residentes e usuarios e usuarias de aparcamentos nesta rúa.

Dende o Goberno Local informan de que o tránsito para dirixirse a Pontevedra dende o centro de Arcade deberá facerse, con carácter xeral, pola Feira.

Outro dos aspectos que queren deixar claros dende o Goberno é que a saída do parking do supermercado desta rúa estará pechada ao tráfico, o que significa que a entrada e saída para este establecemento faranse, ambas, pola entrada actual.

Debido ao corte de tráfico, durante a vindeira semana, tamén haberá modificacións nas paradas do autobús, á do Chuco (Rosalía de Castro) trasladarase ao Muxica e a do Corse (avenida Xosé Solla) trasladarase ao Cruce de Pierres.

Uns traballos que entran na súa recta final cun investimento de 750.000 euros, dos cales a metade corresponden a fondos propios municipais e a outra metade a unha subvención do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galiza acadada polo Goberno local. Do total investido, case 150.000 euros foron destinados a renovar a rede de sumidoiros e a protexer a ría de verteduras nunha zona de especial incidencia. 

Dende o Goberno Local quixeron nesta xornada agradecer a colaboración e comprensión da veciñanza e dos establecementos comerciais. 

Recta final das obras de humanización do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade