Soutomaior presenta o seu espazo de conciliación para o Nadal

Rosana Martinez Boullosa, Cristina García e Clara Rodríguez
Rosana Martinez Boullosa, Cristina García e Clara Rodríguez
Soutomaior presenta o seu espazo de conciliación para o Nadal

Soutomaior, 21 de novembro de 2024. Desde a Concellería de Igualdade, ponse en marcha o programa Espazo Concilia de Nadal destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola para as familias do Concello de Soutomaior. 

A concelleira de Igualdade e de Benestar, Rosana Martínez Boullosa, a directora do CIM, Cristina García e a avogada do CIM, Clara Rodríguez, presentaron a oferta de conciliación que dende o Concello de Soutomaior lanzan para este Nadal. Trátase dun programa, que conta con 50 prazas, e que vai dirixido ás crianzas empadroadas no Concello de Soutomaior de entre 3 e 11 anos de idade. Este ano, como novidade, tamén polo Nadal se oferta outro espazo concilia con actividades destinadas e concretas para mozas e mozos de 12 a 16 anos. 

O horario deste Espazo Concilia de Nadal, para todas as idades, é de 9 da mañá ás 14 h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8 h (aula matinal) e de saír ás 15 h . Polo tanto existen 4 horarios a escoller: opción 1: de 9 a 14 h. ; opción 2: de 8 a 14 h.; opción 3: de 8 a 15 h.; opción 4: de 9 a 15 h.

A inscrición das solicitudes pode facerse dende o martes 26 de novembro ás 10:00 h. até o 9 de decembro ás 14.00 h. en liña a través da páxina web gabinetesoutomaior.com.  

O Campamento desenvolverase do 23 de decembro ao 3 de xaneiro no edificio do Centro de Benestar Integrado (Multiúsos).  

Soutomaior presenta o seu espazo de conciliación para o Nadal