CONVERTERASE NO PARQUE MÁIS GRANDE DA CIDADE
O Parque da Parda, cada vez máis perto
Pontevedra, 21 de novembro de 2024. Oito ofertas económicas presentáronse para a creación do novo Parque da Parda, unha obra que contempla un investimento de case 5.300.000 de euros.
A partir da valoración do persoal técnico do concello, farase unha nova mesa de contratación, en teoría definitiva, para escoller á empresa gañadora.
Lores lembrou que a creación deste parque “é un asunto totalmente transcendental” ao tratarse do maior parque a construír na cidade nos últimos cen anos. “É unha zona que tivo un enorme crecemento, cunha poboación moza e que o día de mañá tamén acollerá un equipamento fundamental como será o pavillón da Parda”.