O alcalde de Soutomaior presenta as obras de mellora e humanización na Comboa
Soutomaior, 6 de maio de 2026. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo ven de presentar o proxecto de mellora e humanización no barrio de Comboa, unha actuación que permitirá en valor do patrimonio, e que aposta pola seguridade vial, e a mellora dun espazo cun importantísimo valor paisaxístico, na contorna da ladeira do río Verdugo.
A obra que contará con tres nucleos de centralidade, tres espazos diferenciados con actuacións de asfaltado, humanización e mellora de seguridade vial.
Manu Lourenzo dixo que “Comboa é un dos barrios de referencia do noso concello e na actualidade presenta un importante estado de deterioro. Con esta actuación imos darlle ao barrio o tratamento e melloras que merece, apostando por poñer en valor espazos naturais e patrimoniais de grande importancia do concello e que permitirán a mellora da calidade de vida da veciñanza e a recuperación de espazos rurais que deben poñerse en valor”.
Para levar a cabo esta actuación, o Goberno de Soutomaior investirá máis de 170.000 euros, ao abeiro do Plan +Provincia da Deputación Provincial do ano 2027. Uns traballos mediante os cales se darán resposta a dúas necesitades: a mellora na mobilidade do barrio e a creación de espazos públicos que poñan en valor tanto a zona arquitectónica da zona como os elementos patrimoniais.
O alcalde lembrou que “un dos obxectivos estratéxicos do Goberno de Soutomaior desde o comezo do mandato é levar a cabo a transformación rural e urbana do noso concello para mellorar a vida da veciñanza. Con esta obra imos a converter espazos moi deteriorados en prazas coidadas onde a xente poderá vivir, relacionarse e desfrutar dos marabillosos espazos cos que contamos en Soutomaior”, concluíu Manu Lourenzo