'Eu son, nós imos’ continúa educando en familia sobre mobilidade, espazo público e autonomía cunha nova sesión aberta
pontevedra, 6 de maio de 2026. ‘Eu son, nós imos’ figura no calendario e na programación da cidade como un conxunto de sesións dinámicas e participativas promovidas polo Concello de Pontevedra para fomentar a educación viaria centrada na mobilidade e no recoñecemento do espazo público como unha contorna amable onde a circulación establece unha xerarquía nos desprazamentos que sitúa as persoas no centro.
A autonomía da rapazada depende das decisións das persoas adultas a cargo do seu coidado, polo que se fai necesario que as familias se integren neste proceso. Proponse, por tanto, unha actividade familiar onde maiores e cativos/as traballen arredor da autonomía nunha sesión con carácter lúdico onde se poida reflexionar conxuntamente nun exercicio colaborativo onde uns aprendan dos outros. A actividade, de carácter interxeracional, motivará que os e as participantes aborden o tema da autonomía de xeito práctico.
A través de Taller Abierto, proponse unha sesión na que se contará con equipos de participantes a partir de cuarto de primaria, dunha banda; e, doutra banda, de persoas adultas, que percorrerán a cidade para superar unha serie de probas. Durante o paseo irán facendo diferentes achados ao tempo que a rapazada experimenta o desprazamento autónomo. A actividade estará supervisada por un equipo de persoas que, de maneira infiltrada, estarán atentas ás familias participantes.
A actividade desenvolverase entre as 11:30 a 13:30h. Non será a última, o vindeiro sábado 23 de maio, o programa continuará cunha última sesión.