14 DE DECEMBRO. TALO RÍO

Soutomaior presenta o II Mercado de Oportunidades e de Segunda Man, Nadal 2025

Aconcelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña, no I Mercado
Aconcelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña, no I Mercado
Soutomaior presenta o II Mercado de Oportunidades e de Segunda Man, Nadal 2025

Soutomaior, 25 de novembro de 2025. O concello presentou o II Mercado de Oportunidades e de Segunda Man, Nadal 2025, un mercado que nace coa intención de ofrecer un escaparate ás persoas e comercios para que poidan amosar os seus produtos e aumentar as súas ventas. Ten como fin dinamizar o sector económico e á vez crear ambiente de barrio, de rúa, propiciando un espazo de encontro entre a veciñanza e as persoas visitantes, para desfrutar dunha xornada de lecer e coñecer todos os recursos cos que conta o concello.

Un Mercado no que poden participar comercios locais, artesáns...  e, tamén, persoas que desexen vender outros accesorios de segunda man para darlles unha nova vida. Un mercado que tamén potencia a economía circular e á SOSTIBILIDADE social e medioambiental ofrecendo produtos doutras tempadas que poden ser unha oportunidade. 

II MERCADO DE OPORTUNIDADES E DE SEGUNDA MAN
II MERCADO DE OPORTUNIDADES E DE SEGUNDA MAN

O prazo de presentación de solicitudes rematará o luns 1 de decembro do 2025. 

Esta iniciativa pon en marcha medidas a prol do respecto polo medio ambiente, a sostibilidade e a aposta polos produtos de proximidade. 

Para o día 14 de decembro o concello porá a disposición das persoas interesadas mesas para colocar os produtos e serán as persoas participantes as responsables de xestionar a venda. As persoas deberán adaptarse á distribución e mobiliario indicado polo Concello. Para a selección das solicitudes e dos produtos ofrecidos para a venda as persoas terán en conta o espazo e que a exposición dos produtos será en mesas. Os prezos deben ser proporcionados ao tipo de produtos e á filosofía deste Mercado de oportunidades e de segunda man.

 

Soutomaior presenta o II Mercado de Oportunidades e de Segunda Man, Nadal 2025