31 DE MAIO-1 DE XUÑO. CAMPO DA FESTA DE ROMARIZ

Soutomaior presenta o I Encontro do Viño Colleiteiro

Brinde do alcalde coas colleiteiras e colleiteiros do I Encontro
Brinde do alcalde coas colleiteiras e colleiteiros do I Encontro
Soutomaior presenta o I Encontro do Viño Colleiteiro
Soutomaior, 15 de maio de 2025. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, acompañado dos colleiteiros e colleiteiras do concello presentaron o I ECONTRO DO VIÑO COLLEITEIRO de Soutomaior.  Unha cita que se desenvolverá o día 31 de maio e o 1 de xuño no Campo da Festa de San Benito de Romariz. 

Trátase dunha actividade, feita con moito agarimo dende o Goberno Local,  que leva sendo demandada dende hai moito tempo. Tal e como dixo nesta xornada Manu Lourenzo, “hoxe facemos un acto de xustiza cunha tradición con mulleres e homes que hai décadas que levan traballando un produto que nos únicos e que nos diferenza como é uva albariña de Soutomaior”. 

O principal obxectivo deste encontro é, da man dos colleiteiros e das colleiteiras de Soutomaior, poñer no lugar que se merece unha tradición como é a de colleiteirxs e viticultura de Soutomaior. 

programa I ENCONTRO DO VIÑO
programa I ENCONTRO DO VIÑO

Lourenzo sinalou ademais que “se hoxe por hoxe seguirmos tendo uva albariña en Soutomaior é porque hai persoas que a traballan que a coidan, a miman, e a converten en viños dunha altísima calidade”. 

Para rematar o alcalde dixo que con este encontro “nós o que queremos é facer un recoñecemento, acompañar tanto traballo e tradición e historia e citarnos a todas e a todas na fin de semana para que poidamos degustar e desfrutar non sódo produto que se elabora coa nosa uva senón dunha xornada de convivencia, de compartir e de desfrutar ao lado de tanta xente e na que poidamos desfrutar un pouquiño so do agarimo e do mimo e do traballo que lle poñen a colleita na elaboración destes viños”. 

Un encontro no que participarán:  o Furancho Linchú (Vela), Furancho do Pazo María & Conrado (Comboa), Adega do músico (O Sobral), María Sobral (Romariz), Albariño da Baralla (O Val), A casa de Lisa (O Sobral), Irmáns Lorenzo (O Sobral), Furancho O Maroco (Alxán), Veigha do Meirolas (O Rial) e Aires do Verdugo (O Rial).

 

Soutomaior presenta o I Encontro do Viño Colleiteiro