Soutomaior presenta o 8M cunha programación centrada na figura das matronas

27 de febreiro, Soutomaior. A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, a directora do CIM, Cristina García, a Técnica de Igualdade, Marga Taboada e a Educadora Familiar, Nuria Vilalta, presentaron a programación do 8M para este 2025 baixo o lema MATRONALIA 8M, que pon o foco na visibilización e recoñecemento da figura da matrona .
Matronalia, é na relixión romana antiga, a festa que celebraba en honor a Juno Lucila a deusa do parto, da maternidade e das mulleres en xeral. O primeiro día de marzo, as mulleres celebraban diferentes rituais onde levaban o cabelo solto e a roupa libre de nudos,
As matronas teñen unha tarefa importante no acompañamento da saúde das mulleres ao longo de todo o seu ciclo vital, ademais do asesoramento e educación para a saúde no seo das familias e da comunidade.
As referencias históricas as mulleres acompañando mulleres, desde a intimidade, é compartida en todas as culturas e civilizacións desde tempos inmemoriables, un coñecemento pasado de xeración en xeración de mulleres, ligado irremediablemente á chegada a vida de todas nós. Os coidados daquelas mulleres son a base dun sistema de atención á muller dentro das sociedades, a súa saúde sexual, afectiva e reprodutiva. As primeiras feministas “sen voz” da historia.

Así mesmo o Concello de Soutomaior aposta por visibilizar, como cada ano, o traballo das artistas galegas destacadas no campo da ilustración e as artes plásticas. Este ano, Abi Castillo é a responsable do deseño da ilustración do 8M.
Dentro da programación para este 8M destaca o Concerto de Guadi Galego, co seu espectáculo Horizonte, programado para o venres 7 ás 21:00h. do Multiusos de Arcade. Un concerto que será de balde previa recollida de entradas. As entradas, son sen numerar, e poderán recolleres o luns 3 de marzo en horario de mañá no concello ( de 9:00 a 14:00h) e de tarde no Multiúsos (de 19:00 a 21:00h. ). Poderán retirar un máximo de dúas entradas por persoa e as entradas que non se adquiran nesa xornada poderán ser retiradas o día do concerto de 20:00 a 20:30h.
O Venres 14, desenvolverase o faladoiro IMPRONTAS FEMINISTAS, coordinado por Paula Conde López, actual matrona de atención primaria no Centro de Saúde de Arcade, e coa participación de AGAM Asociación Galega de Matronas. Abordarase no faladoiro o rol das matronas ao longo da historia e as súas improntas a loita feminista.
Esa mesma tarde entregarase o recoñecemento municipal “María a das mil flores”, que este ano se entregará, por acordo da Consello feminista municipal, a Marisol Santomé Portela, (Matrona de arcade 2004 a 2022), pola súa aportación comunitaria á vida de tantas mulleres do Concello.