Soutomaior inicia a transformación do núcleo urbano de Arcade

INFOGRAFÍA Proxecto Talo Río
INFOGRAFÍA Proxecto Talo Río
Soutomaior inicia a transformación do núcleo urbano de Arcade

Soutomaior, 26 de febreiro de 2025. O Concello de Soutomaior inicia nas vindeira semanas o proxecto de licitación da “reurbanización, mellora e humanización do centro urbano de Arcade como espazo público”. 

Un proxecto que contará cun investimento de 1.200.000 euros e que traerá consigo a transformación da actual Alameda de Talo Río así como parte das rúas de Portal do Ribeiro e Rosalía de Castro. 

Unha actuación que será financiada con fondos do Plan Extraordinario da Deputación Provincial e fondos propios do concello de Soutomaior. 

Tal e como dixo nesta xornada o alcalde, Manu Lourenzo, “con esta actuación procedemos a renovar este espazo urbano que conta cun importante deterioro e imos a convertelo nun núcleo de centralidade que dinamizará a vida de Arcade. A través deste proxecto, procederemos á transformación do espazo urbano ata convertelo nunha contorna de referencia, moderna, dinámica e atractiva acorde a século XXI”. 

Este proxecto, redactado por Cendón e Vázquez, suporá unha das principais actuacións urbanas no centro de Arcade. Uns traballos que traerán beneficios para os centos de familias que viven na contorna da Alameda de Talo Río e que mellorará notablemente a vida deste espazo de lecer de Arcade. 

Manu Lourenzo, concluíu que “con esta obra os negocios verán mellorado os servizos así como a accesibilidade. Trátase de que Arcade teña un núcleo urbano moderno, europeo e dinámico no que as persoas poidan desfrutar dun espazo urbano ecolóxico, renovado e con vida”. 

Soutomaior inicia a transformación do núcleo urbano de Arcade