Soutomaior pon en marcha a campaña de desbroces dos camiños do concello
Soutomaior, 20 de maio de 2026. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, deulles a benvida no concello ás 6 novas persoas que se veñen a incorporar ao cadro de persoal de vías e obras. Trátase da incorporación dun albanel, un varredor e catro peóns forestais.
Con un procedemento, realizado con total transparencia e en igualdade de condicións, Soutomaior incorporou entre o mes de marzo e o mes de maio case vinte de persoas a cadro municipal para realizar mantementos e limpeza de rúas no concello.
A esta cuadrilla haberá que sumarlle 3 peóns forestais que chegarán no mes de xullo.
Con esta situación Soutomaior disporá dunha cuadrilla de traballadores como nunca tivo para atender as limpezas dos camiños e continuará un traballo barrio por barrio para poder controlar a maleza e mellorar o estado de todas as estradas.
O alcalde do concello de Soutomaior dixo que “pouco a pouco irán chegando a cada barrio, sabemos que é imposible estar en todos ao mesmo tempo pero o que lle pedimos aos veciños e veciñas é que comprendan que temos máis persoal ca nunca e que estamos traballando para chegar canto antes aos seus camiños. O tempo non axuda, pero estamos preparados con máis xente ca nunca para na mellor brevidade posible poder manter os camiños no estado que queremos”.