Soutomaior forma 74 persoas grazas ao programa municipal Novas Sendas
Soutomaior, 18 de xuño de 2024. O Concello de Soutomaior puxo en marcha o programa municipal de formación NOVAS SENDAS como instrumento da planificación estratéxica municipal e de desenvolvemento local, no eido socio-formativo-laboral, para o ano 2024, co obxectivo de minimizar os efectos negativos que provoca o desemprego, a falta de cualificación para a adaptación ás necesidades do mercado laboral e a falta de recursos de formación permanente das persoas no contexto do Concello de Soutomaior.
O programa conta con dúas liñas de acción: liña 1_ Obtención de titulacións oficiais e/ou homologadas; liña 2_ Obtención de títulos de formación complementaria. Desenvolverase en dúas fases, a primeira entre os meses de xaneiro a xuño e a segunda entre os meses de xullo a decembro de 2024.
Na primeira fase de execución, no marco do programa Novas Sendas ofertáronse oito cursos dos cales se desenvolveron: 2 cursos de competencias dixitais (15h) para que as ferramentas dixitais e a xestión básica de diferentes dispositivos sexan un recurso de utilidade que facilite a comunicación diaria e promova a autosuficiencia e autonomía das persoas. Obtiveron diploma 17 persoas; 1 curso de carretas elevadoras (16 h) e 1 curso de manipulación de alimentos co fin de mellorar a empregabilidade facilitando que as persoas obteñan unha titulacións transversais e homologadas que ten moita demanda en diferentes sectores con alta demanda laboral. Obtiveron diploma en carretas elevadoras 17 persoas e en manipulación de alimentos 19; 1 curso de caixa reposición (90 h) durante o cal as persoas adquiriron coñecementos téoricos en aula e habilidades prácticas sobre o oficio nas empresas colaboradoras Vegalsa, Froiz e Carrefour. Obtiveron diploma 9 persoas das cales 4 persoas están propostas para contratación por parte destas empresas.
Os resultados poñen de manifesto a gran oportunidade que o programa Novas Sendas ofrece ás persoas de Soutomaior porque abre unha vía de intermediación que pon en contacto demandantes e empresas con procesos de selección de persoal abertos que conclúen coa contratación das persoas que participan nesta formación.
Os resultados deste programa nesta primeira fase son moi positivos porque o alumnado quedou moi satisfeito e valorou a formación recibida como de gran calidade e utilidade porque lles permite completar e mellorar o seu proceso de empregabilidade; e, á vez, os resultados poñen de manifesto a gran oportunidade que o programa Novas Senda ofrece ás persoas de Soutomaior porque abre unha vía de intermediación que pon en contacto demandantes e empresas con procesos de selección de persoal abertos que conclúen coa contratación das persoas que participan nesta formación.
Ofertáronse 146 prazas en diferentes cursos. Houbo 80 solicitudes, 74 remataron os cursos con éxito e quedan dispoñibles nos cursos que teñen inscricións activas e que se poden consultar na web municipal.
A seguinte fase do programa comezará en outubro, despois do verán.