Soutomaior deixou sen executar un millón e medio de euros no ano pasado.

Concello de Soutomaior 2021-06-26 at 22.03.49

 

Soutomaior deixou sen executar un millón e medio de euros no ano pasado.

Soutomaior, 25 de xuño de 2021. O grupo municipal do BNG sinalou no pleno que durante a pandemia xurdiron importantes necesidades para a nosa veciñanza. Necesidades no emprego, no comercio local, nos servizos sociais, no ensino, nos camiños veciñais... a pesar disto, o goberno local do PP deixou máis dun millón e medio de euros sen executar dos orzamentos inicialmente previstos.

Estamos ante un goberno que vive de anunciar medidas, as cales despois ou non executa, ou efectúaas de xeito chapuceiro. “Non é normal ter a un concello clave como Soutomaior parado durante tres anos, para despois, no ano antes das elección, entrar nunha voráxine de cemento e ‘piche’”, sinalou o portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo. Os cartos dos veciños son para resolver ás necesidades da veciñanza, non para os intereses do PP.

Manu Lourenzo engadiu tamén que, a pesar da situación que o concello atravesa, o alcalde e os seus concelleiros deixaron sen gastar 140.000 euros en asistencias social, 29.000 en medio ambiente, 100.000 previstos para o fomento do emprego, 30.000 en comercio e turismo e un total de 314.000 euros que debían ser destinados ao mantemento de camiños veciñais.

Pola súa banda, o concelleiro Diego Moreira recordou que “había un acordo sobre a proposta do BNG para axudar con ordenadores ao alumnado de Soutomaior”, pero tristemente o curso máis dificil da historia rematou sen que o goberno local sequera sacase a convocatoria. “O mesmo acontece co camiño de Santiago”, critica o que concelleiro, que explica que “levamos meses coa hostalaría baixo mínimos e despois de 5 anos nos que o BNG leva reivindicando melloras no camiño xacobeo deciden facer as obras xusto agora que comezan a volver os peregrinos”.

A isto engádese a situación do comercio local. Un sector que está pasando momentos durísimos mentres o PP de Soutomaior deixa sen exectar o 50% da partida asignada. “É todo un desproposito que amosa un goberno local esgotado e incapaz de sacar proxectos adiante”, finalizou o portavoz Manu Lourenzo con respecto a este tema.

O goberno local de Soutomaior non executou no ano pasado máis de un millón e medio de euros no ano 2020 segundo se desprende da liquidación que se aprobou coa conta xeral.

No pleno tamén se abordou aprobar melloras para a Depuradora de Comboa. A ese respecto Manu Lourenzo denunciou que, “despois de 20 anos coa veciñanza de Comboa aturando cheiros, mosquitos e verquidos, o PP veña agora cunhas obras de mantemento que deberían levar anos feitos” dá boa conta de en que situación está o noso concello. “Meter esa depurada no medio dos fogares foi unha irresponsabilidade de Agustín Reguera e agora, por moito parche que queiran meter os problemas non se van resolver”, engadiu Lourenzo.

Inventario Municipal

Outro aspecto do pleno foi a aprobación do inventario municipal, un documento que debería actualizarse cada ano pero que o goberno local de Soutomaior levaba 23 anos sen actualizar.  Manu Lourenzo declarou que “ter un inventario municipal actualizado é algo necesario, o que ninguén entende é que despois de 23 anos o PP veña cun inventario que implica un conflito con dúas comunidades de Montes”.

Soutomaior deixou sen executar un millón e medio de euros no ano pasado.