UNHA CARREIRA SOLIDARIA, INCLUSIVA E ADAPTADA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE E DIVERSIDADE FUNCIONAL.
Soutomaior bate récord de inscricións na 2ª San Silvestre Fest
Soutomaior, 26 de decembro de 2024. A 2ª edición da San Silvestre Fest bate récord de inscricións con 520 persoas anotadas a esta cita deportiva que terá lugar este sábado 28 de decembro.
Trátase dun evento, que forma parte da programación de Vivir o Nadal en Soutomaior, e que está destinada a todos os membros da familia. Poden participar todas as persoas maiores de 14 anos, e os menores de 14 anos deben ir acompañados/as dunha persoa adulta responsable durante todo o percorrido. As persoas inscritas deberán de recoller o seu dorsal hoxe, 23 de decemebro, o xoves 26 e o venres 27, no Pavillón da Montesiña de en horario de 16:30 a 21:30. Tamén se poden recoller os dorsais o día da Carreira entre as 15:00 e as 16:00h. Os dorsais que non se recollan quedarán dispoñibles para aquelas persoas que non fixeran a inscrición previamente (só entre as 16:00 e as 16:30h.). Importante sinalar tamén que as e os máis peques poderán facer a carreira na súa silliña sendo levados pola súa nai/pai durante a carreira.
Unha carreira solidaria, inclusiva e adaptada. Solidaria porque se recollerán alimentos non perecedoiros o mesmo día da proba que logo se destinarán ás persoas máis vulnerables, repartidos por Cáritas.
Inclusiva porque responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada persoa. O percorrido realizarase co acompañamento de persoas familiares ou amigas ou persoas voluntarias, de ser o caso. Á hora da inscrición será necesario cumprimentar o apartado de necesidades especiais e a entidade organizadora porase en contacto coa persoa.
Adaptada porque adecuarase a proba a cada persoa con necesidades. Desta maneira, a persoa participante con diversidade funcional poderá realizar un percorrido especial de aproximadamente 180 metros. Haberá outras medidas de apoio como unha cadeira adaptada, prestada pola Deputación de Pontevedra. Deberase consultar na Casa do Concello ou Pavillón da Montesiña polas medidas específicas para este proba no marco do programa "Soutomaior Inclusivo".
A distancia da carreira xeral de dous quilómetros, aproximadamente, nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico, o circuíto será o seguinte: Alameda de Talo Río – Rosalía de Castro - Xosé Solla – Rúa Calvario - Cruceiro Calvario- Rúa Lameiriñas – Rúa do Velero – Rúa Barroncas – Rúa Rosalía de Castro - Talo Río.
O percorrido adaptado, para persoas con diversidade funcional será de 180 metros e percorrerá Talo Río – Rosalía de Castro – Cruce Xosé Solla - Rúa Rosalía de Castro - Talo Río.
Será unha carreira onde non haberá́ clasificación de chegada, agás os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres que terán o seu premio vencellado co mundo do deporte, tamén haberá 2 premio ao mellores disfraces infantís, ata os 10 anos, 2 premio ao mellor disfrace xuvenil, de 11 a 17 anos, 2 premios a mellor disfrace de persoas adultas e 2 premios ao mellor disfrace colectivo.
Actividades complementarias
Na xornada do 28 de decembro haberá actividades abertas a todo o público que queira practicar divertirse ou quentar, na Alameda de Talo Río, sen ter que inscribirse. O obxectivo é animar e dar ambiente e preparase para correr. Para isto 16:30h terá lugar exercicios de quecemento con Lucy Salsa Rica, ás 17:00h. será o inicio da carreira, ás 17:45h. exercicios de estiramento con Miúdos, ás 18:15h. fin- entrega agasallos e ás 19:00h. chegará a diversión e a música a cargo de DJ Milucho.
Vivir o Nadal en Soutomaior
Dentro das actividades do Nadal en Soutomaior, será está unha semana chea de actividades, esta tarde terá lugar, na Carpa de Talo Río, o Mercado de Nadal, a Festa de Inchables para público infantil e xuvenil e o Punto ‘Agresión OFF: Eu digo non á violencia sexual’ para público xuvenil. . Xa na xornada do venres o protagonista será o ArcadeFest! Un festival para recadar fondos para o Arcade C.F. e o concerto de noite protagonizaco por ´Gin Tonic´. O domingo terá lugar o baile das persoas maiores na Casa do Pobo do Val – Sobral en horario de 18:00 a 20:30h.