Barro recupera o Tizón de Nadal, unha tradición ancestral

Tizón de Nadal
Tizón de Nadal
Barro recupera o Tizón de Nadal, unha tradición ancestral

Barro, 26 de decembro de 2024. A tarde do 23 de decembro, o Pazo da Crega converteuse no escenario da recuperación dunha tradición da cultura popular galega: o prendido do Tizón de Nadal. Este evento, que promete ser unha homenaxe ás nosas raíces culturais, foi levado a cabo por Carme González Parada, unha veciña centenaria do concello de Barro, quen coa súa sabedoría e experiencia, deu vida a este costume ancestral. 

A tradición do Tizón de Nadal consiste en acender un bo toro de madeira, permitindo que arda lentamente. En diversas localidades galegas, críase que o tizón debía permanecer aceso ata o Aninovo ou ata o día de Reis, acendéndose un pouco cada día. Este ritual non só buscaba protexer o fogar de males, senón que tamén se asocia coa idea de aloumiñar as almiñas dos defuntos, quen se cre que nos visitan nestas datas sinaladas. A cinza do tizón, que se esparexe nos campos, é considerada un fertilizante máxico, mentres que a tradición de non recoller a mesa tras a cea permite que as almas dos antepasados compartan connosco este momento de unión familiar. 

Antes do aceso, a antropóloga e colaboradora da TVG, Lida Mariño, ofreceu unha breve exposición sobre a rica historia e significado do Tizón de Nadal e outros costumes populares da nosa tradición. 

Barro recupera o Tizón de Nadal, unha tradición ancestral