Solidariedade con Palestina
O Concello de Pontevedra, coa abstención do PP, vén de acordar repudiar a masacre cometida polo Estado de Israel contra o pobo de Palestina, dirixirse ao goberno do Estado para que inste á UE a suspender o acordo de asociaicón entre a UE e Israel até que o Estado hebreo cumpra coas resolucións das Nacións Unidas e coa legalidade internacional, e instar ao goberno español a cesar na súa política colaboracionista con Israel.
As reiteradas agresións que o Estado sionista de Israel perpetra contra o pobo palestino, constitúen delitos contra a humanidade, limpeza étnica e prácticas de terrorismo de Estado. As vítimas son despoxadas dos seus territorios, oprimidas e mortas violentamente por un Estado que incumpre sistematicamente todas as normas do dereito internacional, así como os acordos da ONU.
O Concello de Pontevedra insta ao Estado Español a pór fin á súa política colaboracionista con Israel.
Este comportamento de Israel non sería posíbel sen o amparo da Unión Europea e, moi destacadamente, dos Estados Unidos. Os supostos adalides das liberdades e da democracia amosan o seu fariseismo sen límites co seu apoio ao Estado de Israel.
As masacres de civís palestinos, numerosos meniños entre eles, repugnan a máis mínima sensibilidade humana. Os abusos e bombras que soporta o pobo de Palestina caen tamén sobre todas as persoas pacifístas, sobre todas as demócratas, sobre todas as antiimperialistas, sobre todas as que defenden os dereitos humanos.
Para o BNG, a restauración da xustiza e do respeito dos dereitos humanos e a legalidade internacional para en Oriente Próximo polo recoñecimento do dereito de autodeterminación do polo paslestino.
É preciso criar as condicións que permitan, co necesario desarme do terrorismo do Estado de Israel, que Palestina se dote dun Estado propio, económica e territorialmente viábel.
Esta é unha causa non só do pobo palestino, senón de todos os pobos que, como o galego, aspiran á xustiza e a liberdade.