Sanidade pública e seguridade viaria, demandas do BNG para Barro nos orzamentos da Xunta
Barro, 12 de xaneiro de 2021. O alcalde de Barro, xunto co deputado do BNG responsábel da localidade, Manu Lourenzo, e os concelleiros Rocío Martínez e Iván Bello, presentou hoxe as emendas que a organización nacionalista realizou aos orzamentos da Xunta para 2021, e que inciden en dous ámbitos claves para os veciños e veciñas do municipio: a mellora da sanidade pública e a mellora da seguridade vial.
No que respeita a sanidade pública, o BNG aposta por construir un novo centro de saúde por un importe de un millón de euros, xa que o actual, está ubicado nun edificio antigo que, en palabras do alcalde, Xosé Manuel Fdez. Abraldes, “non reune as condicións para prestar un servizo sanitario de calidade”. Por esa razón o BNG desde que Abraldes accedeu á alcaldía en 2015 leva reivindicando a necesidade de construir un novo edificio que permita unha atención sanitaria en condicións.
Desde que Abraldes accedeu á alcaldía en 2021, o Concello leva demandando a construción dun novo centro de saúde
A outra gran demanda histórica do Concello e dos veciños e veciñas de Barro é a mellora integral da PO-531 ao seu paso polo municipio para mellorar a seguridade viaria. Abraldes lembrou que a Xunta executou algunha actuación puntual nesta estrada con novas rotondas, pero “está pendente unha actuación integral que dea seguridade a toda a xente que por alí se move, tanto a pé como en vehículos”.