O concello de Soutomaior a licitación o espazo de centralidade da Carreira dos Bolos da Pedreira
Soutomaior, 22 de xullo de 2024. O acondicionamento como espazo de centralidade da contorna da "CARREIRA DOS BOLOS" A Pedreira sairá a licitación esta semana. Tal e como lembrou o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, “esta é unha das moitas actuacións que se levarán a cabo nos distintos barrios do concello co fin de vertebralos e de poñer en valor a arquitectura e a paisaxe de Soutomaior seguindo modelos doutros concellos como podo ser Tomiño ou Allariz”.
Con este proxecto de transformación rural e urbana, dende o Goberno Local, buscan crear núcleos de centralidade nos barrios, vertebrar o municipio e conseguir espazos rurais e urbanos amables, pensados para as persoas, cuns modelos de posta en valor do noso.
Este proxecto sairá a licitación por un importe de 200 mil euros e terá un prazo de execución de 5 meses. As empresas interesadas contarán con 20 días naturais para presentar a súa oferta dende a súa publicación.
Esta actuación ademais de vertebrar o concello pretende poñer en valor o patrimonio, o urbanismo tradicional do concello de Soutomaior, xa que como destaca e lembra o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo “temos un concello marabilloso, cunhas posibilidades infinitas, e xa é tempo de que se poña en valor para que o espazo rural e urbano podan estar á altura do que merece a veciñanza”.