A INSCRICIÓN ABRIRÁ O LUNS, 22 DE SETEMBRO

O RockLab abre de novo as súas portas para fomentar a música e o xogo entre as crianzas máis pequenas

RockLab
RockLab
O RockLab abre de novo as súas portas para fomentar a música e o xogo entre as crianzas máis pequenas

Pontevedra, 10 de setembro de 2025. O Rock Lab de Pontevedra volve un ano máis, celebrando a que será a súa undécima edición. Co comezo do curso escolar, esta actividade municipal retoma a súa andaina, consolidándose como unha das propostas máis demandadas para iniciar aos máis novos casa no rock and roll. 

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, destacou a remodelación do espazo onde se desenvolve o RockLab, que presenta este ano unha entrada renovada cun mural feito polos rapaces e rapazas de Pontevedra durante o Ponteverán. 

O edil lembrou que a inscrición abrirá o luns, 22 de setembro, a través dun formulario na web oficial do Concello, www.apuntate.pontevedra.gal, e as actividades comezarán o 6 de outubro. 

Gonzalo Maceira, coordinador da actividade, subliñou que para eles é “unha oportunidade súper guai” educar a través da música, fomentando un “sentimento crítico” dende idades temperás. O Rock Lab “disfraza” o xogo coa música, permitindo aos participantes coñecer sintetizadores, caixas de ritmos e samplers dunha forma “moi creativa para os máis pequenos e para as familias”. 

Este ano, o proxecto chámase Rockerizados e inclúe seis obradoiros. Os catro primeiros obradoiros están orientados a construír un espectáculo escénico dentro da programación do Salón do Libro, que culminará nun evento “bastante incrible”. A temática do Salón do Libro permitirá explorar catro estilos musicais modernos: rock, pop, funk, electrónica e soul. O primeiro grupo, formado por nenos de catro anos e acompañados por familias, será o encargado de abrir o espectáculo co rock, con temas dende White Stripes a King Gizzard and the Lizard Wizard. 

Os horarios serán os luns de 16:00 a 17:00 para o primeiro grupo e de 17:30 a 19:00 para o segundo, repetíndose este horario para os mércores. Os dous últimos grupos dedicaranse a "Contos Eléctricos", a primeira proposta de creación de bandas ofertada polo Salón do Libro. Ademais, a "Banda do Rock Lab" funcionará como un proxecto ponte cara á "Xeración Sónica", preparando a alumnos de 12 e 13 anos para traballar en composicións propias, gravar videoclips e cancións, e lanzarse ao local de música. 

O RockLab abre de novo as súas portas para fomentar a música e o xogo entre as crianzas máis pequenas