A renaturalización do Gafos e o remate da reforma integral da Santiña, cada vez máis perto

Treito cuberto do río dos Gafos
Treito cuberto do río dos Gafos
A renaturalización do Gafos e o remate da reforma integral da Santiña, cada vez máis perto

O Concelleiro de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos, César Mosquera deu conta de que a obra para renaturalizar o río dos Gafos farase nunha soa fase  e que o goberno municipal agarda tela adxudicada antes do 30 de xuño.

A obra de renaturalización do río irase a perto dos catro millóns de euros, e o feito de facerse dunha tacada evitará moitos dos problemas previstos de facerse por treitos.

Mosquera deu a coñecer tamén que xa están practicamente rematadas as arquets de Unión Fenosa Distribución na rúa Santiña, polo que a obra entrará “nunha fase de remate”. 

O concelleiro, que agradeceu a paciencia á veciñanza, afirmou que “estamos en prazo e todo vai ir moi rápido,”.

A renaturalización do Gafos e o remate da reforma integral da Santiña, cada vez máis perto