MÁIS DE 4,1 MILLÓNS DE INVESTIMENTO

A renaturalización do Gafos comezará a finais de abril-principios de maio

gafos-zona de estancia
gafos-zona de estancia
A renaturalización do Gafos comezará a finais de abril-principios de maio

Pontevedra, 26 de marzo de 2026. Coa entrada en vigor e publicación dos novos orzamentos municipais, o Concello vén de reactivar as obras correspondentes ao proxecto de renaturalización do río Gafos, unha obra que ten un importe total de 4.191.406,25 euros e un prazo de execución estimado de 12 meses. 

O seguinte paso consistirá en publicar a proposta de adxudicación na plataforma de contratación da Administración, parada á espera da aprobación definitiva do Orzamento. A continuación, abrirase un prazo de 10 días naturais para a presentación de posibles reclamacións ante o tribunal especial en materia de contratación, e, se a tramitación avanza con normalidade e non se rexistran contratempos neste período de recursos, procederase á sinatura da acta de replanteo,de modo que os traballos sobre o terreo comecen "a finais de abril ou principios de maio", un avance que a concelleira valorou como "interesante para contar e para recordar". 

A renaturalización do Gafos comezará a finais de abril-principios de maio