Rematada a mellora da senda do Lérez entre Bora e a avenida de Bos Aires

Visita senda do Lérez
Visita senda do Lérez
Rematada a mellora da senda do Lérez entre Bora e a avenida de Bos Aires

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2025. O Concello de Pontevedra vén de rematar o acondicionamento da senda do Lérez, na súa marxe esquerda, entre Bora e a avenida de Bos Aires coa reparación de todo o pavimento que discorre por debaixo da ponte das Palabras, no barrio de Monte Porreiro. 

Moreda explicou que os traballos consistiron na reparación da senda entre Bora e a avenida de Bos Aires cun contrato de preto de 40.000 euros. Fixéronse todo tipo de traballos de reparación dende a liberación das canles de auga, reparación de pavimentos, substitución de elementos de madeira en pasarelas e pasamáns... 

O concelleiro responsable de Servizos urbanos básicos, Xaquín Moreda anunciou que no vindeiro mes comezará a reparación da senda de pescadores do lado dereito do río. Nese caso está previsto a canalización dos regatos de auga, reparación de elementos de madeira, eliminación de fochancas... actuacións brandas porque o lateral do río da parroquia de Lérez do río ten un uso moito máis natural que o de Monte Porreiro.

Rematada a mellora da senda do Lérez entre Bora e a avenida de Bos Aires