A programación previa dos Feroz principiará en setembro e extenderase até o 24 de xaneiro de 2026
Pontevedra, 14 de xullo de 2025. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto coa concelleira Anabel Gulías e o edil Demetrio Gómez, mantivo o pasado venres unha xuntanza coa Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE), representada por María Guerra e Laura Seoane, co obxectivo de avanzar e pechar os primeiros detalles ao redor da programación paralela que acompañará a celebración gala dos Premios Feroz, tal e como se realizou na ocasión pasada.
O rexedor explicou que as actividades previas á cerimonia comezarán no mes de setembro —en dous meses—, ampliando así o número de propostas que se levaron a cabo durante o 2024. "Durarán até o 24 de xaneiro, día da gala. A idea é pechar proximamente a data de inicio, que está aberta, pero si sabemos que será un diálogo e comparecencia aberta do segundo/a presentador/a dos Premios Fero".
"Tentaremos pasar das 30 actividades nesta ocasión. A veciñanza de Pontevedra é moi cinéfila e tentaremos contar con propostas de distinto tipo. Coido que a experiencia de toda a xente que veu foi realmente boa. Nós estamos encantados de que así sexa, e de poder traer os Feroz a Pontevedra", indicou