OBXECTIVO, QUE NINGUNHA CRIANZA OU ADOLESCENTE QUEDE SEN AGASALLO DE NADAL
O programa (en)Volve do concello de Pontevedra busca 400 persoas para que sexan cómplices dos “Reis Magos”
Pontevedra, 3 de decembro de 2024. A Concellería de Benestar Social activa, un ano máis, o programa municipal (en)Volve, que ten por obxectivo a idea de que ningún neno, nena ou adolescente en situación ou en risco de exclusión social de Pontevedra quede sen o seu agasallo de Nadal.
O reto é acadar aproximadamente 400 “cómplices” dos Reis Magos para dar cumprida resposta as previsibles demandas da cativada. A xente de Pontevedra ten acreditada a súa xenerosidade e solidariedade cada vez que se pon en marcha a campaña (en)Volve, polo que os servizos socio- comunitarios agardan de novo a colaboración da cidadanía.
No Nadal do pasado anos foron 335 as persoas que responderon á convocatoria e 341 nenas, nenos e adolescentes recibiron un agasallo novo na noite de Reis.
Desde o Concello de Pontevedra faise un chamamento ás “cómplices” para que na busca e adquisición dos agasallos acudan ao comercio local. Na campaña do 2023 deixaron case de 12.000 euros no tecido comercial da cidade. O prezo máximo por agasallo non poder superar os 35€
As persoas interesadas en inscribirse na campaña poden facelo a través seguinte formulario, acudindo a web municipal www.pontevedra.gal ou escaneando o QR do programa de festas do Nadal.
Desde a Concellería de Benestar Social sublíñase que inscribirse nesta campaña supón un compromiso polo que agradece que, se non se pode garantir a participación, non se apunte xa que está en xogo a ilusión e felicidade dunha nena ou neno
Este ano súmase ao (en)Volve a xoguetería educativa A Balea das Cores, que fará un desconto do 5 % nos libros e un 10 % nos xoguetes e xogos que sexan para o programa.