O programa Apego achega en Pontevedra una novidosa e completa programación para o mes de febreiro no Pazo da Cultura

O programa Apego achega en Pontevedra una novidosa e completa programación para o mes de febreiro no Pazo da Cultura

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2025. O Servizo de Normalización Lingúística do Concello de Pontevedra, elaborou para o mes de febreiro un programa de actividades de natureza diversa dentro do programa Apego. Esta iniciativa, da que forman parte varios concellos galegos, busca dotar ás familias de recursos e ferramentas para posibilitar que a cativada aprenda galego de xeito natural, especialmente nos primeiros anos de vida, entre os 0 e os 7 anos. 

O programa, ilustrado por Tania Solla, estará composto por varias actividades novas, como ‘Corochas’ de Atenea García o venres 7 en dúas quendas, ‘Música na pel’ o luns 10 con Arkhé Espazo Educativo en pase único, un dobre pase de ‘Cucú tapa o cu’ con Lorena Pinheiro o venres 14 e ‘Triscus Beliscus, con Vero Rilo e Sonsoles Penadique o venres 27 tamén con dúas sesións.A Fundación Legar formará parte de novo da programación achegando o venres 21 con ‘Arrolar’ para bebés de 0 a 15 meses e ‘Arrolar e bailar’ para crianzas entre 15 meses e 3 anos. 

Entre as 6 propostas plantexadas cun total de 9 pases, as familias atoparán narración oral, cancións, xogos, bailes, trabalinguas, adiviñas, ou recitados. 

O prazo de preinscrición está xa aberto na plataforma apuntate.pontevedra.gal e, como vén sendo habitual, acederán de xeito prioritario as familias adheridas ao Apego. 

CALENDARIO APEGO 2025

Desde o Servizo de Normalización apuntan tamén que xa está dispoñible o Calendario Apego 2025, con ditos e recitados que acompañaron os momentos de lecer de moitas xeracións de nenas e nenos galegos. Cada mes vai acompañado dunha imaxe cedida polo Concello de Ames e dun dito ou recitado que buscar recuperar a tradición dos xogos de palabras. Este deseño de Ruth Caramés está pensado para imprimir en tamaño A4 e unir as páxinas cun anel ou cordel e, una vez rematado o ano, poder aproveirar os xogos ilustrados.

O programa Apego achega en Pontevedra una novidosa e completa programación para o mes de febreiro no Pazo da Cultura