A proba ciliclista 4 picos supera os 1200 inscritos
Pontevedra, 10 de maio de 2024. Xusto á porta de cumprirse unha década desde o seu inicio, a Pontevedra 4 Picos ten xa todo listo para ofrecer este sábado, 11 de maio, unha proba por todo o alto. A novena edición contará con máis de 1.200 inscritos e anticipa unha festa deportiva.
A maioría dos participantes correrán a proba na súa modalidade longa, a do ascenso e baixada dos catro picos, con traxectos que pasarán polo Lago de Castiñeiras, A Fracha, Monte Castrove e o Monte Acibal. Un total de 130 quilómetros de roteiro. A versión curta —de 66 quilómetros— contará coa presenza de 350 ciclistas.
A saída contará con tres quendas (08.30, 08.45 e 09.00 horas) desde o Recinto Feiral, intre no que a cidade poderá ser testemuña dunha xornada cargada de épica e diversión.