A Praza da Peregrina reforzará o seu alumeado con tecnoloxía LED e a instalación dun novo proxector para dar luz ao centro da mesma

A Praza da Peregrina reforzará o seu alumeado con tecnoloxía LED e a instalación dun novo proxector para dar luz ao centro da mesma

Tal e como indica o edil responsábel dos Servizos básicos urbanos, Xaquín, Moreda, o Goberno Local segue a ter como unha das prioridades deste mandato, o mantemento dos espazos públicos. Nese sentido, un piar dese mantemento é a mellora do alumeado en toda a cidade, como foi o caso da instalación de novas luminarias na zona sur, namentres na actualidade está xa en licitación a substitución das luminarias na zona de Lérez e o barrio do Burgo, restando só a zona norte da cidade. 

Porén, tamén é posíbel realizar intervencións máis pequenas pero igualmente notorias, como é o arranxo e a mellora de toda a iluminación na contorna da Peregrina. “Cambiarase a tecnoloxía LED todas as luminarias da zona, reforzando o alumeado con dúas farolas novas, e, ademais, instalarase un proxector para reforzar os niveis de luz no centro da praza”, explica o concelleiro. 

“Xa se intentou no seu día recuperar un proxector similar que iluminaba a praza, mais agora existe a tecnoloxía para poder telo funcionando con todas as garantías”, sinala. “Esta actuación conta cun orzamento de 16.800 euros e permitirá á veciñanza de Pontevedra gozar dun dos espazos, en horario nocturno, máis representativos da Boa vila”. 

A Praza da Peregrina reforzará o seu alumeado con tecnoloxía LED e a instalación dun novo proxector para dar luz ao centro da mesma