SOUTOMAIOR APOSTA POR UN MODELO COIDADO, MODERNO, AGRADABLE, ACCESIBLE E RESPECTUOSO COA ESENCIA DOS BARRIOS

Soutomaior comeza a súa transformación rural e urbana nas prazas da Pedreira e da Aldea

Soutomaior comeza a súa transformación rural e urbana nas prazas da Pedreira e da Aldea

5 de febreiro. A praza da Pedreira e a praza da Aldea serán os primeiros proxectos de transformación rural e urbana en Soutomaior, que levará a cabo o goberno nacionalista presidido por Manu Lourenzo.

Así, o alcalde destacou que este tipo de proxectos de reforma se levarán a cabo nos distintos barrios do concello "para vertebralos e poñer en valor a arquitectura e a paisaxe de Soutomaior", seguindo modelos doutros concellos como Tomiño ou Allariz.

A través desta transformación, o goberno municipal busca crear núcleos de centralidade nos barrios, vertebrar o municipio e conseguir espazos rurais e urbanos amables, pensados para as persoas, con modelos "de posta en valor do noso patrimonio e do urbanismo tradicional de Soutomaior”.

"Temos un concello marabilloso, cunhas posibilidades infinitas, e xa é tempo de que se poña en valor para que o espazo rural e urbano podan estar á altura do que merece a veciñanza", subliñou o alcalde.

O goberno municipal agarda licitar estas dúas obras no primeiro semestre deste 2024 para comezar os traballos neste mesmo ano. 

Soutomaior comeza a súa transformación rural e urbana nas prazas da Pedreira e da Aldea