Pontevedra traballa no replantexamento dos espazos destinados a persoas con mobilidade reducida no Pazo da Cultura e Teatro Principal

Pazo da Cultura
2017-04-28 09.18.24-Pazo da Cultura-17-04-28-0770
Pontevedra traballa no replantexamento dos espazos destinados a persoas con mobilidade reducida no Pazo da Cultura e Teatro Principal

O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez traballa a través do Servizo de Infraestruturas Culturais, na reestruturación ou creación de espazos para cadeiras de rodas que permitan ás persoas con mobilidade reducida gozar da programación acompañadas. Para a implementación deste novo servizo, será preciso modificar a estrutura actual e é probable que a execución se demore uns meses. Mentres, e de xeito provisional, os espectáculos que activen a venda a partir de agora no Pazo da Cultura, permitirán o acceso de 3 cadeiras de rodas con acompañante ubicado diante e unha cuarta que tería acompañante ao lado.

Pontevedra traballa no replantexamento dos espazos destinados a persoas con mobilidade reducida no Pazo da Cultura e Teatro Principal