Pontevedra somete a información pública o expediente de cesión das tres parcelas que se lle entregarán á Xunta de Galiza para a construción de nova vivenda pública na cidade

Parcela de Valdecorvos
Parcela de Valdecorvos
Pontevedra somete a información pública o expediente de cesión das tres parcelas que se lle entregarán á Xunta de Galiza para a construción de nova vivenda pública na cidade

Pontevedra, 25 de febreiro de 2025. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, deu conta esta mañá da Xunta de Goberno extraordinaria na que se acordou o sometemento de información pública do expediente de cesión á Xunta de Galiza de tres parcelas de propiedade municipal, situadas nos barrios da Parda, Valdecorvos e na antiga zona de Tafisa para a construción de nova vivenda pública na cidade, o que permitirá a creación de máis dun cento de vivendas protexidas. 

Os datos para cada unha das parcelas son os seguintes: 

Valdecorvos 

Rúa Prado Novo

  • 3.220 m2 de superficie
  • Solicítase un local na Planta Baixa de arredor de 150 m2
  • Arredor de 54 vivendas 

P7 da UA 7 (Tafisa) 

Rúa Ernestina Otero Sestelo

  •  1.164 m2 de superficie
  • Solicítase un local na Planta Baixa de arredor de 150 m2
  • Arredor de 58 vivendas 
Parcela Tafisa
Parcela Tafisa

P3 da UA 15 (A Parda) 

Rúa das Devesas

  • 540 m2 de superficie
  •  Arredor de 13 vivendas 
Parcela A Parda
Parcela A Parda

O rexedor explicou que na negociación entre o Concello e a Xunta solicitouse que nos futuros de Valdecorvos e Tafisa o Concello de Pontevedra poida contar cun espazo de seu, co fin de crear locais sociais nestes puntos, sendo barrios que aínda non contan con equipamentos municipais desta clase. 

Doutra banda, Fernández Lores valorou que esta cesión se leve a cabo en tempo récord por parte do Concello, lembrando que a construción de vivenda pública na cidade estaba paralizada desde o ano 2016, intre no que foron entregadas as últimas vivendas deste tipo construídas en Pontevedra. 

Pontevedra somete a información pública o expediente de cesión das tres parcelas que se lle entregarán á Xunta de Galiza para a construción de nova vivenda pública na cidade