Pontevedra segue afondando na súa historia e anécdotas ao tempo que mellora a estética das súas rúas e prazas
Pontevedra comeza o ano cunha segunda quenda de vinilos sobre os cadros do alumeado eléctrico, que aportan puntos de información histórica e popular, achegando dun xeito didáctivo e divulgativo distintos aspectos da cidade.
O concellleiro responsábel, Xaquín Moreda, lembrou que a instalación destes vinilos enmárcase dentro desa idea global de mellora no mantemento da cidade, propiciando rúas e prazas máis fermosas e máis coidadas. Os cadros de alumeado, elementos que habitualmente non chaman a súa atención pola súa integración, serven agora como puntos entrañábeis. “Son operacións pequenas como esta as que melloran moitísimo o aspecto da cidade”, sinalou o edil.
Na actualidade hai cadros eléctricos historiados nas seguintes rúas: Avenida. das Corbaceiras, Uruguay, María Victoria Moreno, Rúa da Carqueixa, Rúa da Pala, Ponte da Barca, Rúa Echegaray, Rúa Tablada, Rúa de San Roque de Abaixo, Avenida de Marín, Rúa de Rosalía de Castro, Rúa Pastor Díaz, Rúa Víctor Said Armesto, Rúa Irmáns Nodales, Rúa dos Palamios, Rúa Jofre de Tenorio, Avenida Augusto García Sánchez, Rúa Gutiérrez Mellado, Avenida de Vigo, Rúa García Camba, Praza de Ponte Boleira, Gorgullón, Rúa da Estación e Rúa Josefina Arruti.