A cesión da N-550 até Alba e a continuidade do paseo de Marín, piares chave para a xuntanza que o alcalde manterá en Madrid co Secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostíbel

paseo a Marín
paseo a Marín
A cesión da N-550 até Alba e a continuidade do paseo de Marín, piares chave para a xuntanza que o alcalde manterá en Madrid co Secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostíbel

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2025. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores reunirase o vindeiro martes 14 de xaneiro en Madrid co Secretario de Estado de Transportes y Movilidad Sostenible, José Antonio Santano Clavero, para abordar dous proxectos importantes para Pontevedra: a cesión de parte da estrada N-550 e así posibilitar a conexión da variante de Alba, e a continuidade do paseo a Marín desde Pontevedra pola ría. 

Esta reunión está enmarcada nos acordos pactados polo BNG e o PSOE para a investidura de Pedro Sánchez, acordos nos que se contou coa participación da senadora do BNG, Carme da Silva. “Un dos acordos logrados foi o compromiso a continuar o paseo a Marín. A isto tamén se lle uniu a solicitude que presentamos o pasado 30 de setembro para a cesión da estrada N-550 desde Pasarón até Alba”. 

Lores quere afondar nestes dous asuntos e solicitar información sobre o estado das alternativas á hora de acometer o paseo a Marín, no treito que foi adxudicado no seu día para finalmente ficar paralizado até hoxe. “Costas transferiu este asunto ao Ministerio de Transportes e queremos ver como está este asunto, xa que a idea era resolver as inundacións na coñecida como autovía de Marín”, indicou. 

A cesión da N-550 até Alba e a continuidade do paseo de Marín, piares chave para a xuntanza que o alcalde manterá en Madrid co Secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostíbel