Pontevedra reclama un millón de euros a Ponte Caldelas pola distribución de auga potábel ao Polígono da Reigosa

César Mosquera
César Mosquera
Pontevedra reclama un millón de euros a Ponte Caldelas pola distribución de auga potábel ao Polígono da Reigosa

Pontevedra, 12 de xuño de 2025. O Concello de Pontevedra acaba de enviarlle un requirimento ao Concello de Ponte Caldelas comunicándolle a necesidade de regularizar o convenio para a distribución de auga potábel ao Campiño da Reigosa xa que está caducado dende 2020. Dende o primeiro bimestre de 2021, o concello de Ponte Caldelas non paga a auga a Pontevedra e a débeda ascende a 1.086.000 euros.

O asunto foi tratado na Xunta de Goberno local desta mañá da que deu conta o concelleiro de mobilidade e infraestruturas, César Mosquera, quen explicou que o subministro ás actividades industriais non é igual que aos domicilios, xa que esta última non se pode cortar. Sen embargo, no caso do polígono industrial, Pontevedra podería ter que cortarlle a auga por imperativo legal.

Ante esta situación, o requirimento dá un prazo de dous meses para que Ponte Caldelas regularice a situación, tanto resolvendo a cuestión do impago como a situación de futuro, xa que non está no ánimo do goberno da capital cortar a auga ás empresas situadas no Polígono da Reigosa.

Pontevedra reclama un millón de euros a Ponte Caldelas pola distribución de auga potábel ao Polígono da Reigosa