O concello de Pontevedra abre expediente á empresa encargada das rozas no rural

María Xosé Abilleira
María Xosé Abilleira
O concello de Pontevedra abre expediente á empresa encargada das rozas no rural

Pontevedra, 12 de xuño de 2025. A Xunta de Goberno do concello de Pontevedra tratou o deficiente servizo que está a prestar a empresa adxudicataria do servizo de rozas do rural. Trátase de Audeca, que pertence ao grupo Elecnor e que gañou o concurso público cunha oferta de preto de medio millón de euros. 

O Concello xa mantivo conversas en múltiples ocasións coa empresa advertíndolle de que o traballo que estaba a realizar non era o que figuraba nos pregos de adxudicación e, en moitos casos, estaba a certificar traballos que non realizara. 

A pesar das advertencias municipais, a empresa continúa coas mesmas prácticas polo que a Xunta de Goberno acordou que se inicien todas as medidas que sexan necesarias dende sancións ou penalización até rescisión do contrato. 

Os traballos de roza empezaron no mes de marzo e nestes momentos só se realizaron na parroquia de Salcedo e parte da de Marcón e Lourizán. A intención do Goberno local era ter rematado a primeira roza das parroquias no mes de xullo e, inmediatamente, comezar coa segunda conseguindo así dúas pasadas ao ano, tal e como estaba planificado. 

O concello de Pontevedra abre expediente á empresa encargada das rozas no rural