DO 26 AO 31 DE OUTUBRO
Pontevedra presenta o programa da "Noite dos Calacús"
Pontevedra, 22 de outubro de 2025. O Concello de Pontevedra ven de presentar a programación para ‘A noite dos Calacús’ que botará a andar o domingo 26 e rematará o venres 31 de outubro. Fíxoo acompañado dunha ampla representación das empresas e entidades implicadas na ambientación do Mercado, a programación, das panadarías que un ano máis elaborarán Pan da Ánimas e, como non, das ánimas do purgatorio. “Negociamos que van a andar por aquí o 31, dar sustos, pero non nos van levar con elas”, afirmou o concelleiro de Festas, Demetrio Gómez, quen animou “a vecinos e veciñas de Pontevedra a sumarse, ataviados con sabas, camisóns, roupas brancas ou disfraces de pantasma ao percorrido do Mercado á Ferraría, pasando polas rúas Serra, praza García de la Riega, Fonte dos Tornos, Curros Enríquez, Soportáis, etc.”.
O edil avanzou que antes do día 31, “teremos actividades previas como este domingo 26 con visitas guiadas ao Cemiterio de San Amaro, con pase infantil e familiar ás 12.00 h e público adulto ás 18.00 h. e, entre os días 29 e 31 na panadarías Acuña, Amásame Bakery Lab, Xeve, A Devesa e Solla, vaise poder disfrutar do pan de ánimas do xeito máis traicional da nosa comarca: en cada casa ao seu xeito.
E logo xa o día 31 temos a festa máis grande a partir das 17.00h no Mercado con obradoiros para nenos e nenas. Haberá obradoiros de colares de zonchos, de cociña, maquillaxe e disfraces para prepararnos para a procesión das ánimas que bota a andar as 20.30 h polo Centro Histórico.
A partir das 22.00 h haberá locais de hostelaría e nocturnos que participen con decoración e, no QR do programapoderase consultar os locais de restauración e coctalería que van preparar menús e cócteles Calacú, que só se poderán degustar esa noite.