Pontevedra presenta a nova flota de vehículos para modernizar o servizo de limpeza e mantemento viario

Pontevedra presenta a nova flota de vehículos para modernizar o servizo de limpeza e mantemento viario

Pontevedra, 10 de decembro de 2025. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto co concelleiro de Servizos urbanos básicos, Xaquín Moreda, e responsables da empresa concesionaria PreZero, presentaron as novas incorporacións ao parque móbil do servizo de limpeza e recollida de residuos. O alcalde recoñeceu que "estamos contentos" e que se está a cumprir co compromiso de equipamento do servizo. Asegurou que a nova maquinaria é un "salto adiante na capacidade que ten a empresa de cumprir co confirmado no contrato". 

As novas incorporacións ao servizo son: 

  • 15 triciclos eléctricos: Terán funcións diversas, como visitar os composteiros comunitarios e realizar pequenas limpezas, xa que levan auga para limpar. Tamén poderán recoller pequenas cantidades de lixo en sendas onde poidan acceder.
  • 9 furgonetas: Entre as súas funcións estarán repartir composteiros individuais no rural, desprazar persoal para inspeccións, realizar educación ambiental e informar aos comercios sobre obrigas e dereitos.
  • 3 varredoras: Dúas de 5 m3, destinadas a grandes vías e á recollida de follas. A terceira é unha máquina máis pequena, denominada decapadora, deseñada para zonas peonís e capaz de realizar limpezas máis profundas.
  • 1 tractor para rozas: Destinado a traballar nas zonas periurbanas que son competencia do contrato.

Lores tamén fixo alusión ao material que queda pendente de incorporar ao servizo como os camións grandes de recollida e as cabezas tractoras para os puntos limpos móbiles e o centro histórico. Estímase chegarán entre xaneiro e febreiro.
Esta presentación complementa o primeiro despregamento de maquinaria realizado o pasado outubro, cando o Concello incorporou os primeiros 21 vehículos:

  • 10 Carros portacaldeiros eléctricos: Que facilitan o labor do persoal de varrido manual, equipados con motor eléctrico de asistencia, dobre cubo e pequena hidrolimpadora. 
  • 1 Varredoira dual de gran capacidade: Con tres cepillos, sistema de auga a presión e deseño insonorizado para minimizar molestias á veciñanza.
  • 5 Vehículos auxiliares eléctricos: Tipo "pick-up" con caixa basculante e hidrolimpador, destinados a limpezas rápidas no periurbano e rural. 
Pontevedra presenta a nova flota de vehículos para modernizar o servizo de limpeza e mantemento viario