Pontevedra pon en marcha unha nova xeira de asfaltados en distintos puntos da cidade
Pontevedra, 24 de xullo de 2024. Entre o mércores 31 de xullo e o 5 de agosto desenvolveranse en Pontevedra distintas actuacións de asfaltado que mellorarán as calzadas das rúas Camiño Vello de Castela, Ribeira dos Gafos, Ponte Nova, Otero Pedrayo, Rúa da Seca, Bibiano Osorio Tafall e Ramón Peña
Nova cara para Arcebispo Xelmírez
Doutra banda, estes días se está a realizar unha importante actuación de mellora na rúa Arcebispo Xelmírez —rúa perpendicular a María Vitoria Moreno—, que se atopaba dividida cun muro polo medio e precisaba dunha solución para a correcta canalización de augas e pluviais. Así, o Concello puxo en marcha a través da brigada número 3 de mantemento de barrios unha actuación que eliminará esa separación física que provocaba o muro, permitirá a creación dunha calzada única e finalizará cunha actualización integral de todo o espazo.
A actuación consistiu nunha primeira fase na execución dunha beirarrúa continua en formigón varrido no marxe oeste, a habilitación de canalización de alumeado, e outra de reserva; aparte da construción dun colector de pluviais ao longo dos 100 metros da rúa, conectado sobre os colectores interceptores que decorren por Victoria Moreno e Manuel de Palacios.
Na segunda fase, executándose nestes momentos, comprobáronse as redes soterradas da parte alta da sección (fenosa, auga potable e gas) e comprobada a posibilidade de eliminar o muro, e rehabilitar a sección transversal nunha única rasante, demoleuse o muro, e se está procedendo ao reperfilado da sección para reasfaltar toda a zona de rodadura nunha única sección, que será de coexistencia; aparte se ampliou a rede de pluviais executada na primeira fase para dar servizo e conexión/acometidas de pluviais a todas as parcelas da parte leste da rúa.
O acabado final deixará toda a zona como rúa de coexistencia, casi toda a sección da rúa nun único nivel, agás o treito inicial onde non se pode eliminar o muro de contención.
As actuacións desenvólvense dentro do programa de mantemento de pequenas obras nos espazos públicos urbanizados, cun investimento anual de 726.000 euros. Con idéntica problemática e cos mesmos criterios de renovación rematouse o mes pasado a mellora da rúa Domingo de Andrade, e a conexión coa rúa do Ouro.