Pontevedra pon en marcha un camión lavacontedores equipado coa tecnoloxía máis avanzada do sector

Presentación lavacolectores
Presentación lavacolectores
Pontevedra pon en marcha un camión lavacontedores equipado coa tecnoloxía máis avanzada do sector

Pontevedra, 3 de xullo de 2026. Pontevedra conta dende hoxe cun novo camión lavacontedores equipado coa tecnoloxía máis avanzada para o mantemento e hixiene do sistema de tratamento de residuos. Esta nova prestación, que forma parte do proceso de implantación do novo contrato de xestión dos residuos, permite realizar un lavado automático e integral de cada colector na súa propia localización en cuestión de minutos, devolvéndoo ao seu lugar en perfecto estado de limpeza.

O concelleiro de Servizos Urbanos Básicos, Xaquín Moreda, salientou que este vehículo supón un "salto adiante" no desenvolvemento do contrato de residuos, dotando á cidade de tecnoloxía punta que xa se deixa sentir nas rúas. Moreda explicou que a loxística de traballo do novo camión require o seu funcionamento en horario de noite e madrugada. "Ten que ir un camión recollendo cada fracción e despois o camión de limpeza vai detrás", detallou o edil. 

Coa posta en marcha deste camión lavacontedores, Pontevedra completa o despregamento de gran parte do parque móbil do novo servizo de limpeza e recollida de residuos, composto por vehículos sostibles de última xeración propulsados a gas e electricidade.

O desenvolvemento das melloras do servizo continuará progresando nas vindeiras semanas.

Pontevedra pon en marcha un camión lavacontedores equipado coa tecnoloxía máis avanzada do sector