SITUADO NO MERCADO

Pontevedra, máis perto de contar co seu primeiro cambiador inclusivo

Pontevedra, máis perto de contar co seu primeiro cambiador inclusivo

pontevedra, 1 de abril de 2026. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, achegouse este mércores, 1 de abril, até o Mercado de Abastos para comprobar in situ o avance das obras que cristalizarán na creación do primeiro cambiador inclusivo da cidade de Pontevedra.

Este proxecto, que contou cun orzamento próximos aos 45.000 euros, inclúe a instalación dunha cabina para persoas ostomizadas, un inodoro, una ducha con asento e, ademais, un cambiador cun sistema de guindastre.

O alcalde sinala que este espazo público, único polo momento na Boa Vila, suporá un paso adiante á hora de ofrecer un lugar seguro, accesíbel e axeitado para todas as persoas que necesiten facer uso do mesmo.

Pontevedra, máis perto de contar co seu primeiro cambiador inclusivo