Pontevedra estudará a pegada de carbono de 70 negocios locais de Pontevedra

Pontevedra estudará a pegada de carbono de 70 negocios locais de Pontevedra

Pontevedra, 18 de novembro de 2024. A concelleira de Promoción económica, Anabel Gulías presentou o proxecto de descarbonización que o seu departamento quere promover entre o pequeno comercio local. Os obxectivos do proxecto é contribuír ao sostenibilidade do planeta baixo a máxima "Pensa globalmene, actúa localmente" e "identificar a eses pequenos comercios locais para que poidan optimizar os seus recursos con auditorías e diagnoses que favorecen a eficiencia enerxética de toda a economía local". 

O proxecto está pensado para que participen 50 negocios do pequeno comercio e 20 locais de hostalaría e para anotarse será preciso facelo a través da páxina web: airco2.earth/concellopontevedra 

Posteriormente, esa pegada de carbono poderase compensar coa plantación de árbores autóctonas no municipio. 

Máximo Sánchez, responsable da empesa AirCO2 que fará o estudio da pegada de carbono dos comercios adheridos ao proxecto, indicou que este estudo permitirá tramitar ante o Ministerio de Transición ecolóxica a pegada de carbono dos establecementos. Esta certificación oficial, cuxos indicadores poderán ir mellorando a medida que vaian superando os elementos que incrementan esta pegada de carbono, será un reclamo para o comercio local xa que está sendo tendencia europea o comercio verde coa menor pegada de carbono. 

Pontevedra estudará a pegada de carbono de 70 negocios locais de Pontevedra