Pontevedra comeza a renovación das luminarias da zona norte da cidade

Substitución de luminarias na glorieta de Compostela
Substitución de luminarias na glorieta de Compostela
Pontevedra comeza a renovación das luminarias da zona norte da cidade

Pontevedra, 27 de maio de 2026. O Concello de Pontevedra comezou pola Glorieta de Compostela a substitución de 2304 luminarias convencionais por iluminarias led de última tecnoloxía, un proceso que se extenderá seis meses, até acadar progresivamente todo o ámbito de actuación (Cruz Vermella, San Antoniño, Benito Corbal, A Eiriña, A Parda, O Castañal, Eduardo Pondal, O Gorgullón…)

O presidente de Setga, a compañía adxudicataria da obra, Ángel González afirmou que a veciñanza vai “atopar unha cidade cambiada pola noite cunha calidade de luz que lle permitirá observala con moita máis beleza".

Pero, sobre todo, esta nova iluminación permitirá un aforro próximo ao 70% na factura da luz, algo máis de millón e medio de euros cada ano, e reducir o seu mantemento ao aumentar a vida útil das luminarias. Se “ás actuais luminarias había que cambiarlle as lámpadas cada tres anos, ás novas, teñen 100.000 horas de vida, polo que aos 25 anos estarían aínda no 90% do seu rendemento".

A temperatura das novas luminarias é de “cor neutra cálida" e reducirán drasticamente a contaminación lumínica ao ter luz máis controlada, e iluminar só onde ten que iluminar que é “nas rúas e nas prazas”, e evitándose a emisión de 651,69 toneladas de CO” ao ano.

Ademais de cambiar as luminarias instalaranse farois ou lámpadas novas alí onde fagan falta unha renovación, do mesmo xeito que sucederá co cableado ou cos cadros de luz.

Reforzarase ademais a iluminación nos pasos de peóns para garantir a seguridade das persoas, especialmente naqueles puntos máis transitados.

Con esta actuación, o 83% das luminarias públicas estará xa cambiada a LED, agás alguns lugares de Salcedo e Tomeza e partes do centro histórico, que será abordado nunha intervención con maior realce artístico.

O alcalde de Pontevedra mostrouse entusiasmado con esta actuación, afirmando que "estamos ante un salto adiante na calidade da iluminación, na mellora do medio ambiente e tamén no aforro enerxético”.

Pontevedra comeza a renovación das luminarias da zona norte da cidade