AS ACTUACIÓNS COMEZARON POLA PRAZA DA PRAIA DE ESTRIBELA

Pontevedra comeza a campaña de mellora urbana e ambiental dos espazos públicos dos barrios da cidade

Actuarase de xeito integral (pavimentos, mobiliario urbano, zonas verdes, alcorques…) en distintos barrios da cidade para conseguir manter os espazos urbanos en perfecto estado.

Pontevedra comeza a campaña de mellora urbana e ambiental dos espazos públicos dos barrios da cidade

O mantemento e o estado de conservación dos espazos públicos é unha liña central de traballo no novo tempo aberto polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores o pasado mes de xuño. Bancos, pavimentos, papeleiras, alcorques, zonas verdes, limpeza… son elementos do ámbito urbano que neste novo mandato teñen que estar en perfecto estado de revista para o uso dos veciños e veciñas de Pontevedra.

Seguindo a orde dada polo alcalde Lores, iniciouse estes días unha gran campaña de mellora urbana e ambiental en varios barrios da cidade. O propósito é iniciar unha liña de traballo de supervisión integral dos espazos públicos actuando en todos os seus aspectos: pavimentos, zonas verdes, parques infantís… até ir peinando toda a cidade.

Os traballos consistirán nunha limpeza xeral integral para poder traballar seguidamente en reparacións ou susbstitucións de bancos, pavimentos, papeleiras, alcorques, podas de árbores, mellora das contornas dos espazos infantís… 

As primeiras actuacións estanse a realizar no barrio de Estribela, en concreto na praza da Praia de Estribela para continuar por varias rúas da Parda, a praza das Regas e o ámbito das Corvaceiras.

Pontevedra comeza a campaña de mellora urbana e ambiental dos espazos públicos dos barrios da cidade