Pontevedra avanza na creación do parque de Ernesto Caballero coa adquisición de tres novas parcelas por 242.000 euros

Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores
Pontevedra avanza na creación do parque de Ernesto Caballero coa adquisición de tres novas parcelas por 242.000 euros

Pontevedra, 18 de xuño de 2026. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, informou dun novo acordo para a expropiación de tres novos terreos destinados á futura zona verde da unidade de actuación 23 (UA-23), situada entre a vía do tren e a rúa Ernesto Caballero.

Trátase dunha avinza ou mutuo acordo cun único propietario para a adquisición das parcelas número 8, 9 e 10, que suman unha superficie conxunta de 850,39 metros cadrados. O custo total desta operación ascende a 242.023,12 euros.

Con esta nova compra, o Concello xa é titular de 5.345,79 metros cadrados, o que representa o 72,69% dos 7.353,43 metros cadrados que conformarán a totalidade da nova zona verde. O rexedor explicou que quedan pendentes de adquirir uns 2.000 metros cadrados distribuídos en cinco parcelas (as número 1, 3, 4, 6 e 7). Dúas destas propiedades atópanse nunha fase de negociación "avanzada", mentres que as tres restantes presentan maiores dificultades técnicas debido a problemas cos propietarios ou herdanzas sen partir, unha situación habitual na Galiza.

O orzamento total estimado polo Concello para este proxecto, sumando as expropiacións e a posterior execución do parque, supera os 3 millóns de euros.

Pontevedra avanza na creación do parque de Ernesto Caballero coa adquisición de tres novas parcelas por 242.000 euros