Pontevedra aproba as tarifas do futuro coche de punto
A Xunta de goberno local aprobou, logo de atender unha alegación da asociación Amizade, as tarifas do futuro coche de punto e encara a recta final do procedemento para poñelo en marcha
As tarifas aprobadas son as seguintes (IVE incluído):
- Billete ordinario: 2,15 euros
- Billete para menos de 10 anos: bonificación do 100 %
- Billete para persoas desempregadas: bonificación do 25 %
- Billete para persoas xubiladas e da terceira idade: bonificación do 40 %
- Billete para persoas con mobilidade reducida cun grao igual ou superior ao 33 %: bonificación do 50 %
O Concello de Pontevedra asumiría pois os custes destas bonificacións, a baixada de bandeira (3,75 euros por servizo) e o termo variable (1,08 euros por quilómetro). O usuario só pagaría, como máximo, 2,15 euros por viaxe.
Unha vez aprobado este procedemento darase en conta do mesmo no pleno municipal, para logo ser levado até a Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que é a que deberá autorizar as tarifas de xeito definitivo.